lunes 30/11/20

O ALCALDE DEBE ESTAR MOSQUEADO

Hoxe as 14h. finalizaba o prazo para presentación de ofertas para a compra da parcela do polígono, que leva 5...

Chavelleiro
Chavelleiro

Hoxe as 14h. finalizaba o prazo para presentación de ofertas para a compra da parcela do polígono, que leva 5 anos esperando comprador. En principio saíu a subasta co acordo de compra por parte da famosa empresa CARNICA CICAT. Aquela, que nos venderon que ía a crear en Xinzo 400 postos de traballo. Aquela, que presentaron todos ós políticos en compaña Aquela , da que din que é Consejero Delegado, casualmente o que foi alcalde de Xinzo, Sr. Vila Aquela ,na que medio Xinzo ten promesas de traballar. Aquela, na que se volveron a ofrecer postos de traballo, nesta segunda volta. Aquela, que na subasta con prezo de saída de mais de 700.000 euros, foi e presentou plica por menos da metade, por si colaba. Aquela ,da que o seu “representante” saíu fai pouco na prensa dicindo que era ó Concello o que estaba petardeando ó proxecto e resulta que ó tal representante, non era mais que un consultor de Barcelona, que o que facía era cobrar da empresa por dicir, ó que mandaran. Aquela,que por non ofrecer o mínimo, obriga ó Concello a gastar outros 2.000 € noutra publicación . Aquela, que quería pagar o prezo da finca en 10 anos, despois do terceiro de adxudicarlla , e loxicamente despois de escriturala a seu nome. E pregúntome, non será esta última cuestión o que fixo que no prego de condicións para a subasta se aumentara un parágrafo que di “a finca escriturarase, despois de habela pagado” Isto o único que fai e que se retrase outros 15 días a presentación das plicas. E desto ven o que eu pense que o alcalde “ten a mosca tras da orella”, “ou que esté mosqueado”, e si non que llo pregunten ós de Trujillo. Luis Veloso