domingo 29.03.2020

“La cafetería que no tiene nada que esconder”

DISQUE DIN...

“La cafetería que no tiene nada que esconder”

Resulta curiosa a contestación que a propietaria dunha cafetería, de moito renome da nosa vila, lle deu a un dos clientes que  indo a conversa de portas e pechaduras, recordoulle que ía para mais de 12 meses que a porta do baño dos homes  estaba sen pestillo, co cal en certas accións  corporais  maiores a situación volvíase un pouco violenta.

A contestación como dicimos da propietaria non se fixo esperar... “nosotros no tenemos nada que esconder a los clientes “

Pois nada, só nos queda solicitar do concello que saque uns “Bandos” para subsanar este detalle...sen importancia…

“La cafetería que no tiene nada que esconder”