miércoles 26.02.2020

QUE É O QUE LLE DÍ O PRESIDENTE Ó ALCALDE?

foto1
foto1

A instantánea tomada polo fotógrafo de dendedealimia foi na despedida protocolaria unha vez rematado o acto de inauguración do Museo do Entroido de Galicia o venres pasado en Xinzo.

Na mesma pódese ver o Alcalde,Antonio Pérez,  a Delegada da Xunta en Ourense,Marisol Mouteira e o  propio Presidente Feijóo.

A primeira vista, parece que o Presidente está a “rifar” co Alcalde, aínda que a faciana de Marisol e a do propio Alcalde non parece que fose moi seria.

Pois dendealimia puido saber o que ocorría.

Efectivamente o Presidente reprendía ó Alcalde, pola situación da parede anexa o museo. Nese momento o Alcalde contestalle, que : “Eu estou totalmente de acordo, pero Presidente, eso solo se pode facer, por desgracia, con euros

 O Presidente, ó quite, respóndelle que o que pagou as pinturas da entrada de Xinzo, non sabemos si con sorna, que pague esta tamén.

Esa parece ser a conversa que logrou captar o noso cámara, na que, realmente os tres están nun momento distendido.

Comentarios