miércoles 26.02.2020

DIS QUE DIN que ABANCA esqueceuse do comercio

Seica os comerciantes de Xinzo andan un pouco “re-sentidos” con //ABANCA, e non só polo tema das preferentes, que tamén, se non porque a semana pasada convocaron, seica, os empresarios da Limia, pero esquecéronse dos pequenos comerciantes, que realmente son maioría.

A dicir polas fotos que saían nos medios, tampouco é que foran moitos a charla. Case tantos coma ós plenos de Xinzo. Por certo lugar escollido para a reunión.

Pero tampouco é tan raro que se esqueceran deles porque de todos eles é ben sabido, que eles mesmos son os esquecidos. A asociación creada o amparo das vacas gordas e das subvencións deu paso a un “limbo” no que agora se atopa, o sease…nada. Polo tanto , como diría o slogan neste caso… “menos queixarse e mais agruparse”.

Comentarios