miércoles 3/3/21

Dis que din.. que a alcaldesa ten unha boa papeleta que resolver na súa mesa

082120dispositivopolicíalocalCovid191_NoticiaAmpliada

A cuestión, parece ser, que acontece despois dunha reunión co concelleiro da Policía Local e os membros deste corpo en Xinzo, na que Elvira Lama fai fincapé en que os membros do corpo de seguridade teñen que sancionar as situacións anómalas que detecten nos veciños e veciñas polas normas Covid.

Pois poucos minutos despois de rematada a reunión, segundo puidemos saber , que o primeiro denunciado foi un concelleiro do grupo de goberno. O afectado e os seus acompañantes, seguindo as indicacións do Policía, foron ata as oficinas municipais para presentar alegacións a denuncia.

Non dubidamos que Elvira Lama, se o caso e ese, actuará aplicando a sanción que corresponda, sen  tremerlle  o pulso.