jueves 13/8/20

DIS QUE DIN… os amigos de Andrés que esta vai se unha longa, longa noite…

IMG_20160827_224543
IMG_20160827_224543

E dino porque  de principio xa se trasladaron un pouco lonxe de Piñeira Seca, o seu pobo natal,  para celebrar a despedida de solteiro de Andrés. O momento da instantánea aínda era no marisco pero a juerga xa era moita.

Comenta Amador(bo amigo deste xornal) que como Andrés é bo agricultor e este ano as patacas van  estar a bo prezo , decidiron rascarse a bulsa e ir  a celebralo ata o municipio limiá de Lobios nun dos restaurantes máis afamados, non solo do val do Limia, se non da provincia, aínda que leve nome portugués.

E como todos son de “boas familias” e non queríandeixar mala imaxe, por si acaso,  na comarca fóronse ata ala, para celebralo como o mozo se merece, facendo noite no hotel, como corresponde nestas ocasións, e sobre todo cando entre eles atópanse membros do que actualmente se chama C.F.S.E.

Ah! Mándanlle saúdos a Eli, que tamén estará de celebración, antes da definitiva que será o vindeiro finde.

Comentarios