miércoles 5/8/20

DIS QUE DIN… que os "amigos do alleo" actuaban con nocturnidade madrugadora

43Tódolos que madrugan para ir aos seus traballos, que aínda é moita xente, saben que a certos negocios lles deixan mercancía a primeira hora da maña na propia rúa, antes de romper o día.

Pois ben, hai xente que se dedica a recoller parte desa mercancía, sen abonar o seu importe, loxicamente, porque a esas horas aínda non están abertas as tendas.

Pero o que non sabía o "amigo-amiga" era que hoxe á mañá cedo, moi cedo, estaban a agardalo/a , e a sorpresa foi MAIÚSCULA. Cando unha vez que xa se deleitaba coa "mercancía", preguntáronlle que se a ía abonar naquel intre ou prefería facelo cando abrise o negocio en cuestión.

A cousa non foi mais alá posto que a persoa en concreto collida "in fraganti" decidiu deixar a "compra" para máis tarde, non sen antes molestarse un pouco polo feito ocorrido.

Efectivament,e a esas horas tan vespertinas, non se lle poden meter eses sustos a ninguén, pois a ver quen vai traballar a gusto despois…

Comentarios