lunes 28/9/20

DIS QUE DIN… “Que o cliente sempre ten a razón”

61Este é un “dito” que case todo o mundo da por certo, case todo o mundo menos nun café-bar moi concorrido da nosa vila, onde aconteceu que lle ofrecen o cliente unha peza , non de elaboración caseira, se non de pastelería industrial conxelada,  para acompañar o almorzo, para sustituir a uns croissant recen saídos do forno.  cando ó proba, decátase que está reseso.

Pono en coñecemento da persoa que ó estaba atendendo (propietaria do local) e contéstalle que efectivamente non era feito desa maña, se non que fora feito o  día anterior, pero que se podía comer igual, aínda que tivera 3 dias.  

Nin que dicir ten que o cliente rexeitou as pezas ofertadas, polo croissant recen feito, non sen antes ter que escoitar a devandita frase”o cliente…” en vez de desculparse por comparar algo saído do forno coas sobras dos almorzos do día anterior.

“Cousas veredes, amigo Sancho….”

Comentarios