jueves 13/8/20

DIS QUE DIN….Que o Concello anda a pensar en que actos e algunha outra cousa facer na honra do “Maestro”

page (1)

Hai un bo refrán que di “Vísteme despacio que tengo prisa”. Todos nestes días estamos dándolle voltas a cabeza e falando sobre o tema, os futboleiros por un lado, os festeiros por outro e os carnabaleiros por outro. Penso que non consiste en facer as cousas de presa e despois dicir: Ah! Esquecéusenos isto, ou podemos facer isto mellor.

Todos nestes momentos queremos que se faga algo, pero creo que é o momento de tranquilizar a cousa, pensar o que, de que maneira, en que sitio etc.

Como  “o Maestro” considerámolo patrimonio de Xinzo, debemos ser todos, políticos de todos os partidos e cidadáns os que acheguen ideas, para non caer nos erros , xa cometidos, de poñer nomes , etc, que a maior parte da xente, non se identifica con eles, e todo foi por ser “politicamente correctos”

So hai que ollar o que fixeron noutras partes con persoaxes como este,  e de que maneira os teñen  inmortalizados.

Comentarios