sábado 8/8/20

Dis que din....que Elvira Lama, deixou o sillón, pero non a chave

Dende onte pola mañá, e ao parecer ata mañá, temos de alcalde en funcións a Amador Díaz, primeiro tenente de alcalde. Na visita feita polos medios de comunicación esta mañá para inmortalizar o momento, atopámonos con que Amador montou o seu despacho de “alcalde” na sala de reunións. Os comentarios que había pola “casa grande de Xinzo” é que Elvira antes de marchar, gardou ben a chave.

Os menos mal pensados supoñemos que foi un despiste e os máis mal pensados dirán que ó mellor non quere que lle remexan os caixóns!!.