Dis que din que... hai tantas cores como opinións, e moito máis neste noso pobo de Xinzo, moi dado aos comentarios de taberna.

IMG_20201213_193607
Dis que din que... hai tantas cores como opinións, e moito máis neste noso pobo de Xinzo, moi dado aos comentarios de taberna.

Neste caso tamén se pode opinar sobre as “casetas” que estes días o Concello de Xinzo está a repartir polas rúas, currunchos e prazas do pobo. Tense escoitado de todo, e non sobre as cores das mesmas , pero quizás, a máis sorprendente que se escoitou foi a dunha moza feita e dereita, a que escoitamos opinar, que non lle gustaban nada, porque tiñan a porta moi pequena e non podía entrar nelas. Supoñemos que o que pretendía era quitar un retrato para lles mandar a familia do outro lado do charco, e non era porque a súa pretensión fora facer noite na praza, a colleito.