miércoles 26.02.2020

DIS QUE DIN.. que a hostalería de Xinzo está que arde

Que a hostalería de Xinzo está que arde . E non  é precisamente por as temperaturas deste fin de semana, que o único que fixeron foi votar mais leña o lume.

Todo comenzou o venres pola noite  coa apertura da feira da cervexa artesanal  na praza maior e o enfurecemento foi aumentando ata onte a noite.

Ninguén entende o por que desta feira en plena costa de xaneiro  e xusto a semana antes do chupinazo do entroido.

Que beneficio trouxo a vila?;Onde están os impostos dos alí presentes?;Canto custou o tinglado ó Concello?

A única resposta é que os poucos clientes que podería ter os hostaleiros de Xinzo, por mor da feira quedáronse reducidos a mínima expresión.

Con cabezas pensantes como as que permitiron a instalación da feira nestes días , a cousa non vai por bo camiño.

Pregunta: Porque lle chamaban cultural?

Comentarios