lunes 16.12.2019

Dis que din que isto si e amor a primeira vista

IMG-20191109-WA0001A historia non é nova, pero si neste caso. Un “CAN” sen dono coñecido, segue a todas partes a unha veciña de Xinzo. A cafetería onde traballa, ao ximnasio, de compras, e por suposto espera na alfombra da súa casa ata que esta se ergue para acudir ao seu traballo.
Todo sería normal se a veciña tivera algunha relación co canido, pero resulta que a veciña, ten un pequeno inconveniente, que lle ten medo aos cans.
Avisados os servizos da cancela municipal, parece que aínda non deron feito bo do querido e pacífico  animal. De momento cos únicos animais cos que o canido non quere tratos é cos da mesma especie  que intentan  achegarse  ao seu “amor platónico” e para nada correspondido, nos  seus quefaceres diarios e nos seus paseos.

Unha vez máis queda demostrado  que o amor a primeira vista e sen comunicación algunha tamén existe.

 Parabéns  a nosa veciña, que polo menos conta con alguén que lle da “amor infinito” sen pedir nada a cambio.