lunes 10/8/20

DIS QUE DIN…que a lista do PP vai a ter moita renovación

DIS QUE DIN ...Que hai algúns concelleiros actuais do PP que andan un pouco mosqueados.

O último venres do mes pasado día da  reunión do “sanedrín” na sede local do partido, o alcalde despois de estar un bo anaco no despacho da sede con algúns concelleiros, mentres ós militantes esperaban na sala para a reunión,  saíu do despacho, para anunciar que aínda non  tiña  decidido se se presenta. Pero sendo el ou outro  militante o que encabece a lista, esta ten que  dar un xiro de  moitos graos.

Despois destas declaracións ante a multitude asistente ,algún  concelleiro, que non estaba presente, por non ser militante, e ata poderíase  dicir nin simpatizante,  púidose dar tan aludido que seica xa puxo terra por medio. 

Comentarios