martes 15/6/21

Dis que din que esta mañá as acusacións entre membros do goberno e oposición escoitábanse ao lonxe

Sitibal
Sitibal

Despois do anuncio feito polo concello do inminente arranxo de pistas en colaboración coa Deputación e da posterior “paralización temporal” por falta de papeleo por parte da Deputación, as chispas saltaron nun encontro fortuito na “controvertida”  Sitibal entre membros do equipo de goberno que estaban a comprobar as obras e un concelleiro da oposición que facía deporte polo lugar, como ten costume, e que non se había enteirado do que estaba a acontecer.

Parece que o que debería ser un encontro entre veciños, pasaou pronto  a acusacións  de inxerencias “negativas” por unha das partes e de “non saber facer as cousas” pola outra.

Esperaremos a ver en que acaba todo isto....