lunes 28/9/20

DIS QUE DIN… Que o Sr. Vila podería volver as listas do PP

Parece ser que o luns a noite o Pte. do PP e alcalde de Xinzo, Antonio Pérez, reuniu o seu comité executivo para comunicarlle que SI. Que el encabezará a lista do partido as municipais do 24 de maio.

Poucos dubidaban de que fose doutra maneira, pero tamén algún no nas tiñan todas consigo.

Como tamén algún son os que a partir dese luns están a votar contas do seu futuro. Neste caso tamén se podería dicir  aquilo de “ Nin son todos os que están, nin están todos os que serán.

Xa vimos dicindo dende fai algúns  meses que o nerviosismo e a inquietude apoderouse de algún dos membros  do goberno municipal, cousa por outra banda normal cada catro anos.

Tranquilos, o do Sr. Vila, é unha posibilidade para ir de recheo na lista. Non esquecerse que sigue sendo Presidente honorífico do PP de Xinzo.

Comentarios