sábado 26/9/20

Dis que din que ..

Están repartindo varias góndolas polas rúas de Xinzo como  prevención a volta da Lagoa de Antela
Xardineira da praza maior
Xardineira da praza maior

Precisamente durante a pandemia correron un montón de teorías “conspiranoicas” de todo tipo. Pois sobre a Limia, fai moito tempo que se di que a Limia algún día volverá a ser unha lagoa. A verdade é que ai invernos que case se cumpre.

Supoñemos que a nosa alcaldesa pensa que iso é posible, por iso instalou esta semana unhas xardineiras en varios sitios da vila, que a xente en canto as viu, bautizounas como as góndolas, asemellando a Venecia, pensando que cando chegue ese día, todos nos poidamos embarcar sen correr o menor perigo.

Bromas a parte, sempre é bonito ver unhas prazas con recunchos de flores, aínda que a sabedoría popular nomee dende o primeiro momento como góndolas.