viernes 30/7/21

Dis que din...que o tenente alcalde, non se librou da multa por deixar o seu “novo” coche nun lugar reservado.

Os feitos aconteceron a semana pasada, unha vez rematado o acto solemne de imposición da medalla ao Capitán Rivero.

O primeiro tenente alcalde Amador Díaz acudiu ao acto no seu “novo” coche para asistir o acto, aparcou o seu flamante coche no aparcadoiro reservado para eles e despois do correspondente café de celebración voltou a súa casa. Ao chegar viu un papeliño no parabrisas,  que non era outra cousa,  que unha multa por estar aparcado nun lugar reservado.

A historia non deixa de ter o seu aquel...Amador soe acudir ao concello na súa furgoneta de traballo, pero esta vez apareceu co seu “novo” coche recentemente adquirido, e claro a patrulla non o coñecía.

Amador tomouno a risa, comentando, coa sorna que o caracteriza..

claro se fose un volvo ou un Mercedes, xa se imaxinaban que era de alguén importante que acudiría ao acto, pero claro un “saxo” con matrícula das vellas, entenderían que era de alguén que o deixara alí para que o levaran ao punto limpo.

Pois xa saben, as aparencias, as veces, enganan.