lunes 28/9/20

DIS QUE DIN… Que todo o mundo botou de menos a Ricardo Sieiro

Pte. comisión entroido 2016Onte foi a primeira reunión para formar a comisión do entroido 2017. So faltou Ricardo. Do resto estaban todos,    comisionados e algún que outro representante dos partidos políticos da oposición. Dis que din, que “foron para ver si se armaba algunha tángana”, pero a cousa discorreu polos vieiros  normais de educación e respecto. Como debe ser.

Pero o que si todo o mundo botou en falta foi o anterior presidente da comisión organizadora e presidente da asociación Troula de festa , Ricardo Sieiro.  Como todos saben, pola súas propias verbas , tivo que trasladarse por motivos persoais ao estranxeiro , e de momento non contan con el para a organización do Entroido 2017.

Postos nesa tesitura hai que mirar quen se postula para presidir esa comisión.Todo apunta a que nesta edición vai a ser unha muller a que colla o relevo do todoterreo  Sieiro, que tanto o víamos no entroido, como cantando coa coral, como axudando aos rapaces no “abrazo do Limia” ou  co-organizando o museo do entroido.  Dende  o “dendealimia”, desexámoslle toda sorte que merece   nos seus novos quefaceres.