DIS QUE DIN…que os veciños da rúa S.Roque andan “pelín mosqueados”.

limpeza S.Roque1
DIS QUE DIN…que os veciños da rúa S.Roque andan “pelín mosqueados”.

O outro día parece ser que un camión \“baldeador\” de rúas estivo a limpar con deterxentes as rúas da nosa vila. Tamén lle dixeron que unha das primeiras fora a súa.

Os veciños non o negan, o que si din é que non o viron…e si pasou a limpeza brilla pola súa ausencia.

Dous poden ser os motivos de tal estado, o primeiro, que non pasase, que se esquecera, ou a segunda que os veciños non saben conservar a rúa que tanto aprecian nunhas condicións axeitadas. Xa se sabe o refrán que di que non só consiste en limpar moito, se non que tamén é importante non lixar moito.