domingo 23.02.2020

DIS QUE DIN…

  DIS QUE DIN....Que hoxe día 10 de setembro as 14,00 remata o prazo para a presentación de plicas para a compra da parcela do polígono que ía ser para a famosa CICAT (Fábrica da carne do Sr.Vila), que ía crear 250 postos de traballo e non sei cantas cousas mais. Xa se sabe que a CICAT, non vai a vir, aínda que según  algún medios de comunicación que intentaron comunicarse co seu Consejero Delegado para saber sobre o tema, non sabía nada do tema. Ese que non sabía nada do comunicado si soubo que día sacalo, precisamente o  do congreso do PP, no que o Chavelleiro ía ser proclamado presidente. Seria para augarlle a festa? Pois nada, a esperar e a “rezar” para que sexa realidá que a finca se compra, porque así haberá dúas boas novas. A primeira  que o Concello ingresará 1 millón de euros, que lle veñen como auga de maio, e a segunda que entón si haberá unha fábrica que aínda que sexan poucos serán algún postos de traballo, que tamén virán moi ben para o noso concello.

Comentarios