domingo 29.03.2020

Isaac Vila substitúe ao “Chavelleiro”

Tranquilos, aínda non é nada oficial. O caso é que se soubo que o domingo pasado, festividade do patrón da Policía...

Vila entrégalle a Pérez o bastón de mando, un xesto do que hoxe dice arrepentirse.
Vila entrégalle a Pérez o bastón de mando, un xesto do que hoxe dice arrepentirse.

Tranquilos, aínda non é nada oficial.

 

O caso é que se soubo que o domingo pasado, festividade do patrón da Policía Local, como é costume os axentes de Xinzo invitaron ao goberno municipal e os mandatarios anteriores. Ao convite, non asistiu o rexedor actual Antonio Rodríguez, pero si o fixo, como xa é tradición, o seu antecesor,  Isaac Vila.  Un Vila que segundo contan estivo encantado no “lunch” ofrecido, saudando un por un a todos os presentes, entre os que se encontraban concelleiros actuais. Pero non hai constancia do saúdo ao que se postula como sucesor do “Chavelleiro”-López Casas-  no caso que este (o Chavelleiro) decida abandonar antes de chegar á fin do mandato.