lunes 30/11/20

Ollo coas loterías ilegais

Non foi o timo da "estampita", pero case. Contan que nunha partida de “tute cabrón” onde se xuntan coma case todos...

Cans xogando ao póker
Cans xogando ao póker

Non foi o timo da "estampita", pero case.

Contan que nunha partida de “tute cabrón” onde se xuntan coma case todos os venres e sábados pola noite -o enterrador- o lagunero- o molinero- o maestro, branca neves e o rei león, todo marchaba co cachondeo normal da partida ata que esta se para, por mor de que un dos xogadores quere comprobar o resultado da Once, para ver si lle tocara un boleto que xogaba. Cando o mirou, resulta que non só non era dos “cegos”, senón que llo venderan do día anterior.

 O cachondeo foi tanto, que a partida case se suspende, e o interesado non bufaba por non lle ter tocado, que dende logo non o ía  cobrar, pois era dunha organización ilegal denominada O.I.D., senón, como dicía el… por ser timado. Que se lle vai facer…. Outra vez será, pero como dicía o do conto: “a próxima cómprao legal, e do día”.