lunes 30/11/20

Xa temos “pestillo” para poder obrar tranquilos

A verdade é que a cousa foi moito mais rápida do que un puidera pensar. En menos de 24 horas...

pestillo
pestillo

A verdade é que a cousa foi moito mais rápida do que un puidera pensar. En menos de 24 horas dende a saída do comentario do baño ao que  lle faltaba o pecho, todo quedou solucionado.

Noraboa  ós propietarios e moi especialmente ós clientes, posto que como se pode ver na instantánea , a cuestión quedou arranxada en moi pouco tempo e creemos que por moi poucos cartos.

Tamén dendealimia.com sentimos ledicia porque a resposta os nosos comentarios, enviados polos lectores, teñen  a súa repercusión.

Xa temos “pestillo” para poder obrar tranquilos