Acto electoral que o PSdeG-PSOE de Ourense en Xinzo,

58376024_2395843237106753_3642311646317117440_n
Acto electoral que o PSdeG-PSOE de Ourense en Xinzo,

Celebrouse no Hotel Xinzo e no mesmo falaron Elvira Lama, voceira e candidata a alcaldía e a candidata ao Congreso por Ourense Marina Ortega

No acto que participaron un centenar de veciños da vila falouse principalmente de políticas sociais.

Elvira lama abriu o acto afirmando que o partido socialista foi o único capaz de crear leis que dan dereitos as persoas, que non obrigan a ninguén, leis coma a do matrimonio homosexual para poder facer familias de diferente signo.

Falar de política social para os socialistas é falar dos nosos maiores, falar dos dependentes , que non teñen idade, dende que se nace. A política social é unha política transversal que afecta a tódolos Eidos da política e que afecta a todos a cotío.

58647210_2395843310440079_7617556817979113472_n

Tomou a palabra despois a candidata por Ourense Marina Ortega para dentro do mesmo tema a tratar dixo que o primeiro que fixo o Partido Socialista, foi comprobar si era certo o que dixera e fixera o partido Popular no referente a que non se podían subir as pensións mais do 0,25. Cando entramos a gobernar comprobámolo e subimos as pensións démonos conta que no era verdade e subimos as pensión o 1,6 e ao 3% as máis pequenas. Todo isto con tan solo 80 deputados e coa mesa do Congreso en contra.

Isto para a nos aterra, onde hai 108.00 xubilados e algo importante. Os xubilados tiveron que subir a rúa.

58382030_2395843413773402_2380583634961694720_n