Elvira Lama anuncia o seu primeiro proxecto ao chegar á alcaldía

cartel socialistas 2
Elvira Lama anuncia o seu primeiro proxecto ao chegar á alcaldía

A celebración dun congreso internacional de industrias agroalimentarias para sentar as bases da instalación dunha industria manufactureira vencellada ao sector primario.

A candidata socialista sinala que “si se produce en Xinzo, se transforma en Xinzo. Para elo non basta con prometer. Hai que traballar duro e con imaxinación polo que a nosa primeira acción será celebrar un Congreso Internacional de Industrias Agroalimentarias invitando a outras empresas galegas e tamén multinacionais, á Xunta de Galicia, ao Goberno de España, á Comisión Europea, aos axentes sociais, persoas expertas e a representantes de outras iniciativas empresariais que xa están funcionando en Europa con moi bos resultados.

Lama apuntou que a través da nova Mesa Municipal do Comercio e o Emprendemento porán en marcha o Centro Comercial Aberto, que se converterá nunha plataforma de apoio á economía local.

cartel socialistas 2Elvira Lama anunciou hoxe a que será a primeira medida dos socialistas si chegan á alcaldía: “traballar para a instalación na vila dunha industria manufactureira vencellada ao sector primario”. E como non basta con prometer e hai que traballar con imaxinación e coñecemento, a candidata sinalou que o primeiro que farán será celebrar un Congreso Internacional de Industrias Agroalimentarias invitando a outras empresas galegas, multinacionais, á Xunta de Galicia, ao Goberno de España, á Comisión Europea, aos axentes sociais, persoas expertas e a representantes de outras iniciativas empresariais que xa están funcionando.

Lama sinalou que “non ímos falar de proxectos fantasma nin a prometer fábricas que quedaron en saco roto pasadas outras eleccións municipais” e que o inicio máis axeitado será contar cos mellores, para ter as pautas, os coñecementos e as mellores prácticas para que por fin se instale en Xinzo unha industria destas características.

Pola súa banda, Lama anunciou tamén a creación da Mesa Municipal do Comercio e o Emprendemento para poñer en marcha o Centro Comercial Aberto, que se converterá nunha plataforma de apoio á economía local.

Así mesmo, os socialistas de Xinzo entenden que “a privilexiada ubicación do Concello fai que a posta en marcha dunha Rede Empresarial Transfronteiriza con Concellos portugueses veciños cristalice nunha plataforma de atracción industrial e empresarial, dinamizadora da formación, da cooperación económica e das boas prácticas”.

A posta en marcha de medidas para atraer novas inversións en Xinzo será clave. Por elo, tratarán de que “éstas conten con condicións económicas competitivas tales como bonificacións no Imposto de Actividades Económicas (IAE) e unha nova política de chan industrial vencellando o seu precio a compromisos de inversión e creación de emprego, mantendo a exención do IAE durante os dous primeiros anos de funcionamento das empresas, a partir do terceiro descontando o 50%, o cuarto o 40% e así ata 7 anos” apuntaron.

Finalmente, sinalaron que a “Praza de Abastos debe converterse nun Mercado Municipal moderno e funcional vencellado á alimentación pero tamén á artesanía, á sostenibilidade e aos servizos, polo que artellaremos conxuntamente con axentes sociais e económicos, un Plan de dinamización do espazo ao que se incorporen actividades lúdicas, informativas e de consumo”.