ELVIRA LAMA PEDIULLE APOIO AO MINISTRO DE CULTURA PARA A POSTA EN MARCHA DUN FESTIVAL DE CINE XUVENIL E PARA O “I ENCONTRO INTERXENERACIONAL DE TRANSMISIÓN DO PATRIMONIO ORAL”

IMG-20190523-WA0010
ELVIRA LAMA PEDIULLE APOIO AO MINISTRO DE CULTURA PARA A POSTA EN MARCHA DUN FESTIVAL DE CINE XUVENIL E PARA O “I ENCONTRO INTERXENERACIONAL DE TRANSMISIÓN DO PATRIMONIO ORAL”

A candidata socialista sinala que “tal e como din as enquisas imos gobernar

Durante a visita que o Ministro Guirao fixo a Xinzo esta tarde, a candidata socialista Elvira Lama solicitou cooperación e apoio para o Proxecto cultural “UN POBO IMG-20190523-WA0010INTERXENERACIONAL, DE CULTURA E CON CULTURA 3.0” que inclúe a posta en marcha dun Festival de Cine Xuvenil. “Un proxecto que nace con vocación participativa e que será motor de apoio ao talento audiovisual dos creadores máis mozos e mozas e dinamizador económico da vila”, sinalou Lama. Así, a candidata socialista anunciou que solicitará ao Ministerio de Cultura a colaboración imprescindible para a posta en marcha do proxecto para que, a a través do INAEM, se implique na súa posta en marcha.

Por outra banda, Lama anunciou que Xinzo albergará “o I Encontro Interxeneracional, único en Galicia, para que, ca participación de persoas maiores e mozas, se transmita o patrimonio oral e inmaterial ao tempo que se inculcan valores de respecto e convivencia”. Este Encontro, con marcada vocación internacional, quere facer fincapé no Entroido, como tradición senlleira de Xinzo e doutras zonas do pais e de Portugal, no que os socialistas pretenden centrar a súa primeira edición.

Elvira Lama quixo sinalar outros proxectos que os socialistas queren potenciar como “o acondicionamento dos locais de ensaio da Banda Municipal de Gaitas e outras agrupacións musicais, a posta en marcha do Espazo das Culturas e da Solidariedade na Casa da Cultura, como un lugar de promoción da integración social e se traballe e debata para favorecer os modelos de convivencia intercultural” así como un “Plan de Alfabetización Tecnolóxica Municipal para promover o uso das tecnoloxías en todos os eidos da actividade económica e social” e un “Plan de Dinamización do Museo de Entroido de Galicia.”

Finalmente, a candidata socialista dixo querer facer unha “aposta decidida pola Biblioteca Municipal a través dunha mellora das súas instalacións e a dixitalización, a creación de salas de estudo, incremento e especialización do seu fondo e a posta en marcha dun Club de Lectura e Debate”.