jueves 09.07.2020

JOSÉ LUIS RODRÍGUEZ DOBAÑO ELEXIDO CANDIDATO Á ALCALDÍA DE MUIÑOS

Os socialistas renovan candidato ca intención de transformar a vila de Muíños cun proxecto ilusionante e de futuro para un concello con grandes potenciais  

O PSdeG PSOE de Ourense confirma un novo candidato de cara ás eleccións municipais do próximo mes de JOSÉ LUIS DOBAÑO MUÍÑOSmaio. A agrupación municipal socialista de Muíños elixiu a José Luis Rodríguez Dobaño como o seu candidato a alcaldía da localidade. O actual voceiro socialista no concello repite deste xeito aventura encabezando a lista no seu municipio. 
José Luis Rodríguez explica que se presenta as eleccións porque “temos que sacar a Muíños no ostracismo no que o sumiron os gobernos do Partido Popular. Somos un concello que conta cun gran potencial, con dous encoros, co Parque Natural da Baixa Limia-Serra Xurés, co pobo de Salgueiro, totalmente abandonado polo concello e a Xunta e formamos parte da Rede Natura 2000”. 
O voceiro socialista remarcou que “temos que traballar para fixar poboación, non como fai o Partido Popular, que empadroa a persoas afíns con obxectivos electorais, ademais, de fomentar o turismo nunha zona rica en recursos para atraer visitantes e xerar novos postos de emprego. Apostaremos tamén polo fomento da gandería extensiva, a través das comunidades de montes e da agricultura ecolóxica ”.   

O candidato socialista apunta que “vamos a traballar tamén para darlles oportunidades os mozos e mozas, para que podan instalarse en casas compradas e reformadas nos pobos e teñan oportunidade de quedar, cun emprego digno e sen depender da afinidade política. A transparencia será outro dos nosos piares, cunha auditoría municipal das contas, buscando a participación cidadá e facendo unha democratización municipal”.  

Rodríguez Dobaño non se esquece de proxectos vitais para o municipio. “Temos que loitar por continuar coa autovía de Celanova para comunicar o sur de Galicia co Norte de Portugal a través do río Limia e cunha área empresarial entre Santa Comba de Bande e Rañadoiro de Muíños e unha ponte sobre o encoro das conchas”.