viernes 30/10/20

Os membros de AGER, critican a visita do conselleiro de Medio Rural a Rairiz, solo para vender fume en campaña electoral

AGER, Agrupación de Electores de Rairiz de Veiga

Jose_Gonzalez_Vazquez
Jose_Gonzalez_Vazquez

A pouco menos dun mes das eleccións municipais, o PP de Rairiz de Veiga, con toda a caradura que teñen, solicitaron a presenza do Conselleiro de Medio Rural, para que informara os veciños, sobre todo de Ordes e Congostro, sobre a concentración parcelaria, que levan 20 anos esperando. Cada vez que se achegan as eleccións a alcaldía, acórdanse do tema e pretenden engatusar a xente para manterse outros catro anos no poder. E mais esta vez que non o ven tan  claro. Así que avisaron os veciños para que fosen a Praza do Concello, o pasado venres 3 de maio, asistindo entre 150-200, o que non esta nada mal.

Hai que aplaudir o Conselleiro, xa que aceptou falar diante de todos, o aire libre con tódolos veciños enfronte e aberto as cuestións que lles quiseron plantexar. Pero mais electoralista que outra cousa.

Pero o final, pasou como as outras veces que trataron este tema, FUMO. O Conselleiro, so falou de xeneralidades, do moito diñeiro que a xunta estaba a investir en concentracións e axudas o rural galego, dunha nova marca de calidade, que xa non sei se será a terceira ou o cuarta que fan. Pero os veciños queriamos cousas concretas do noso. E aquí, o de sempre: hai que estudialo, hai que falar con medio ambiente. Iso si esta vez dixo dúas novidades, nas que penso que os veciños ali congregados nin se deron por enterados, sobre todo os incondicionais do “réximen”: unha  foi que alegou que o Catastro estaba moi mal e que había moita confusión e que iso levaba moito tempo, nunca se nos dixo nada sobre este asunto os veciños, que eu saiba. A segunda, e mais importante, e que recalcou en varias ocasións,  que a concentración íase facer ,si  había proxectos agro-gandeiros a desenvolver. E dicir, unha condicionalidade moi difícil de cumprir debido a que a poboación das dúas zonas a concentrar  e maior e os novos so veñen de fin de semana porque viven nas vilas e cidades; (aquí o Conselleiro pareceu  non coñecer a realidade do rural galego de Ourense);  si sumamos  o estudio de impacto ambiental, aínda que favorable, cuns impedimentos moi estritos e restritivos, chegamos a conclusión, de que a alcaldía toma os veciños por tontos o pensar, que con dicirlle, mediante unha autoridade, relevante neste caso, que algún  día virá. Pero o que esta facendo e enganando e tomándolle o pelo os veciños de Ordes e Congostro. Mais grave aínda ( que os veciños deberían telo en conta a hora de votar), e que a alcaldía sabía que non ían dicir nada novo, e que seria o mesmo doutras veces  e que non se chegará a facer o non quedar apenas en activo labregos.

 Quedamos igual, e coa dúbida importante, que non se aclarou, de que vai ser primeiro: “o ovo ou a pita”. E dicir, sen proxectos agro-gandeiros non se fai( porque o Conselleiro insinuou que non se  gastaría diñeiro si non se ían traballar as terras, e a Conselleria sabe perfectamente si hai xente traballando e vivindo da agricultura ou gandeiría), ou faise primeiro a concentración( cousa que a día de hoxe non se fai) e despois aparecen os proxectos. Isto deberíallo aclarar a Alcaldía os veciños, e si  non o sabe que llo pregunte o Conselleiro, xa que según él, estaba moi interesada no tema. Unha auténtica tomadura de pelo os veciños, porque a alcaldesa sabe perfectamete que nas actuais condición, sin xente que queira traballar no campo, non  se vai facer.

Os membros de AGER, critican a visita do conselleiro de Medio Rural a Rairiz, solo para...