O PSdG-PSOE de Xinzo presentará mañá a candidatura na Xunta Electoral

ELVIRA LAMA2
O PSdG-PSOE de Xinzo presentará mañá a candidatura na Xunta Electoral

Convocou aos medios para as 12:30

ELVIRA LAMA2Elvira Lama, lider do PSdG-PSOE no concello de Xinzo e Diputada Provincial, acompañada por membros da súa candidatura presentará maña, último día para facelo, a lista coa que concurrirá ás eleccións municipais de maio.
Parece ser que as variacións nos postos de saída serán poucos ou ningún.

LISTA DO PP

Tamén mañá o Partido Popular fará a presentación da lista de concelleiros que acompañarán a Toni nas eleccións, nas que intentarán renovar a maioría absoluta. Na tarde do domingo xa se daba por pechada dita candidatura, na que o pouco que trascendeu é que repetirán a maioría dos membros do goberno actual, agás a incorporación de unha muller. Ninguén quixo facer nin o máis mínimo comentario, non fora ser que de hoxe a mañá a noite, fin do prazo, cambie. Tambén puidemos averiguar que algún concelleiro dos actuais, na tarde do domingo, non había firmado a súa incorporación na lista. As ordes dos integrantes da candidatura era estricta, non facer comentario ningún baixo ameaza de "sanción".