Alea jacta est

Alea jacta est

O pobo é quem mais ordena

Case sempre, cando queremos dicir algo importante temos que ir aos clásicos. Pois neste día parece que as frases clásicas que se nos ocorren son a de “la suerte está echada” porque esta campaña electoral que acabou onte a noite, unha das máis tensas dos últimos anos, e dicimos tensas, non por nada malo, nin por que pasara nada raro, se non porque, segundo tamén comentamos moitas veces ao longo dela, estamos ante as eleccións máis abertas e máis transcendentes para case todas as formacións.

E precisamente mañá xa non importan as cifras, datos, fotos, do que pasou, de cantos tiveron uns ou outros nos mitins, agora os veciños, libremente iremos mañá a depositar os nosos votos e eses son os que decidirán a gobernabilidade do noso concello os próximos catro anos, ou non. Todo dependera do que como dixeron os nosos veciños portugueses na súa revolución, “o pobo é quem mais manda”.

Grazas a todos os partidos e candidatos pola colaboración recibida para con este medio, e como se soe tamén dicir...”que dios reparta suerte”.

dendealimia.com