José Albino Bastos, candidato do PP a alcaldía de Entrimo

José Albino Bastos-Candidato do PP por Entrimo
José Albino Bastos, candidato do PP a alcaldía de Entrimo

“José Albino Bastos e o seu equipo representan o futuro de Entrimo” (Manuel Baltar)

Manuel Baltar destaca do candidato

O presidente provincial, Manuel Baltar, mantivo un encontro en Entrimo co cabeza de lista do PPdeOU neste concello nas vindeiras eleccións municipais, José Albino Bastos, e parte do equipo que o acompañará na candidatura electoral.

Manuel Baltar destaca do candidato a súa “paixón por Entrimo e a súa capacidade para artellar novos proxectos de dinamización do territorio, afondando na colaboración institucional e a alianza público-privada”.

Encontro Manuel Baltar (Presidente do PPOU) coa candidatura do PPOU ás municipais de 2023 no concello de Entrimo.
Encontro Manuel Baltar (Presidente do PPOU) coa candidatura do PPOU ás municipais de 2023 no concello de Entrimo.

José Albino Bastos e o seu equipo, explica o presidente provincial, “representan o futuro de Entrimo. “Esta será unha candidatura con forza, ilusión e capacidade de xestión”, remarca Manuel Baltar, que destaca o traballo do PPdeOU para “ser a mellor ferramenta da veciñanza en cada un dos 92 concellos da provincia de Ourense”

a súa “paixón por Entrimo e a súa capacidade para artellar novos proxectos de dinamización do territorio.