O PP non participará no debate de mañá a noite en Xinzo

PP
O PP non participará no debate de mañá a noite en Xinzo

Segundo Carlos Gómez, onde hai patrón, non manda mariñeiro

Despois da reunión mantida onte a mañá cos representantes nomeados por cada partido para matizar o proceder do 1º debate de candidatos en Xinzo, Carlos Gómez, persoa representante do Partido Popular, manifestou que trasladaría o que alí se falou e se acordou por unanimidade, ao candidato a alcaldía Antonio Fernández-Toni, e que sería el o que tomaría a decisión de asistir ou non. Naquel momento e segundo se manifestou o propio Carlos Gómez, a decisión estaba en Toni.

Manuel Baltar (Presidente do PPOU) acompaña a candidatura do PPOU no Concello de Xinzo de Limia.
Candidatura do PP ao concello de Xinzo

Antonio Fernandez, chamou por telefono avanzada a noite de onte para comunicar a súa ausencia do debate, sen manifestar verbalmente ningunha circunstancia para tal decisión. Dicindo a vez que no día de hoxe mandarían un comunicado.

NINGÚN COMUNICADO NO DÍA DE HOXE

Durante todo o día de hoxe, na redacción de dendealimia se recibiu ningunha nota ao respecto. Nun acto cultural celebrado na tarde/noite de hoxe na Casa da Cultura, ao cal asistiu Carlos Gómez, preguntámoslle por si sabía algo da nota, na que supoñemos dirán os seus motivos para a NON asistencia ao debate. Carlos Gómez, dixo que a nota que estaba feita e enviada ao candidato, co visto bo, pero que sería el quen a enviaría, sen saber cando, e sen valorar o feito.

Entendemos que a inexistencia de comunicado informando oficialmente, por parte do candidato do PP de algunha maneira a NON asistencia mañá ao longo do día, será unicamente para que os demais partidos teñan menos tempo para reaccionar, entendendo dende o xornal organizador do debate, que este proceder é unha falta de respecto, tanto para quen os invitou (dendealimia), como para os demais debatintes, cando dende onte a noite, e atreveriámonos a dicir, que a reunión de onte foi un simple formalismo, a decisión xa estaba tomada.

Cada partido e cada candidato ten a liberdade de asistir ou non, pero os procederes, moitas veces son máis importantes que os propios motivos.