jueves 09.04.2020

A alcaldesa de Sandiás foi unha das primeiras mulleres en chegar ao poder

María Concepción, mestre de profesión, leva 36 anos sendo alcaldesa de Sandiás

María Concepción Méndez  é a alcalde de Sandiás pero, tamén unha muller con moita historia e traxectoria. María provén dunha familia moi involucrada na política. Dende moi novo, ao pouco de acabar a súa carreira universitaria, viuse involucrada na política case sen querelo.

María estaba dando clases en Verín cando por sorpresa pídenlle por favor que encabece as listas porque necesitaban a unha persoa cualificada. A pesar de dubidar polo descoñecemento daquela época, tras consultalo coa familia, non dubidou en apuntarse na lista. E, así foi, gañou por maioría absoluta.

No obstante, o realmente sorprendente é que no ano 1979 era a única muller con tres homes encabezando a lista de UCD. As anécdotas da súa historia son moi numerosas, como se podía esperar de esa época, non se concibía a unha muller no poder.  Sen embargo, este exemplo de muller leva 36 anos ao fronte do concello de Sandiás.

Despois de toda unha vida na política, esta mestra non concibe a vida fora do seu concello. Por esta razón, permanece en todo momento pendente de todo o que pasa e, si se ausenta é para realizar unha viaxe,posto que visitar e coñecer novos lugares é unha das súas afeccións favoritas. Este ano, volvese presentar a alcaldía, aínda que nos comenta que se rumorea que os contrincantes andan buscando a forma de botala do poder. Sen embargo, ela está moi tranquila porque quen decide son os votantes que durante tantos anos a apoiaron.

A alcaldesa afirma estar moi contenta desta lexislatura posto que puido cumprir todos os obxectivos, grazas a un presuposto bastante elevado. A inversión total  nestes catro anos foi de 760.196 euros. Entre as actividades que se lograron mediante este presuposto está a ampliación da gardería e a posibilidade de levar aos cativos, do colexio de Sandías, a natación unha vez por semana. Polo tanto, en primeiro lugar, as axudas foron destinadas ao colexio e, en segundo lugar, aos agricultores posto que son o sustento da zona. Ademais, realizouse a obra do polideportivo que está case rematado e listo para ser usado.

Por outro lado, a crises tamén afectou a este concello posto que entre a falta de traballo e as condicións meteorolóxicas os agricultores tiveron certos problemas cos seus cultivos. Sen embargo, a despoboación non é un problema demasiado grave en Sandiás pola excelente situación xeográfica que conecta o concello con Ourense mediante a autovía.

En canto aos puntos a favor, cabe destacar a casa da cultura, a igrexa do S.XVIII e o albergue polo que pasa o Camiño de Santiago. A carencia de Sandiás podíase dicir que é a Lagoa de Antela posto que a auga sube moito no inverno e provoca inundacións. A pesar disto, é un centro turística pola gran cantidade de aves. Para a xente nova tamén se realizan obradoiros de formación e a carreira de O Castro é moi popular.

Pero sen dubida, o maior logo de María foi permanecer 36 anos no concello. Grazas a tantos anos, coñece a todo o mundo e gaña por maioría absoluta.”Sintome moi agradecida pola axuda e o cariño que recibo da xente”.

Comentarios