Aquilino Valencia, “os nenos non están ben no colexio”

alclade calvos2
Aquilino Valencia, “os nenos non están ben no colexio”

Calvos de Randín sufre un problema cos cativos posto que no colexio non hai nin un alumno por ano

alcalde de Calvos1Para Aquilino Valencia Salgado estes catro anos foron a continuación da primeira etapa, xa que esta é a súa segunda lexislatura. A diferenza é que, nestes últimos, a crises afectou mais ao concello: \“tocou remar duro e fuerte\”, nos explicaba o alcalde.

A pesar desta situación, conseguiuse dotar todas as aldeas de centros sociais, mellorar o abastecemento de auga e alcantarillado e as facturas páganse ao contado. Pero, o mais importante para Aquilino e do que se sinte mais orgulloso é que \“ a porta do concello está aberta para todos os veciños, para solucionar calquera problema\”.

Sen embargo, quedan materias pendentes que aínda non se puideron cumprir. Para a próxima lexislatura intentarase levar a parcelaria a todos os pobos e montar algún tipo de industria para proporcionar traballo aos mozos. Aquilino: \“Hai demasiados pensionistas, perdemos moita poboacion\”.

Pero, sen dubida, o gran problema deste concello son os mais cativos cuxos padres decidiron apostar polo rural. \“Os nenos non están ben no colexio e véxome na obriga de defendelos\”. Os pequenos non teñen nenos da súa idade para xogar, non hai ni un por ano a pesar do bo estado das aulas trala inversión realizada no colexio.

Calvos de Randín posúe un importante patrimonio turístico. Por un lado está o parque do Xures e por outro o Coto Misto. A explotación forestal é unha vía pouco desenrolada pero con gran potencial, polo que se está desperdiciando moita riqueza.

Aquilino Valencia afrontou a súa lexislatura a cara descuberta, \“ fixen campaña durante os catro anos, non agora\”. A súa primeira lexislatura gañárona por maioría absoluta, e iso que non o esperaban.