miércoles 12/8/20
ENTREVISTAS A ALCALDES DA LIMIA...

“Creo que os veciños de Trasmiras están pagando un prezo que non deberían pagar”- Emilio Jose Pazos

Seguiremos traballando no que é o noso programa de goberno, desenvolvendo os plans parciais para que se poida desenvolver solo industrial.
Emilio J. Pazos
Emilio J. Pazos

Falamos co alcalde de Trasmiras, Emilio Jose Pazos, quen dende o seu equipo de goberno segue a continuidade dos proxectos xa iniciados, coa intención de xerar servizos e postos de traballo, fundamentalmente.

Que proxectos levan realizados nestes primeiros seis meses de mandato?

Emilio Jose Pazos: Nestes primeiros seis meses aínda non houbo ningunha aprobación de ningún presuposto entón o que se está facendo é o que estaba en trance. O proxecto máis importante que estamos sacando para adiante é a aprobación do Plan Xeral en maio, que deunos carta branca para iniciar os plans parciais como o de desenvolvemento do solo empresarial, que xa está iniciado, temos unha subvención e xa o puxemos en marcha. Isto tamén vainos abrir a posibilidade de iniciar o proxecto do cemiterio de Vilaseca, do que tamén hai que desenvolver o plan parcial. Estamos traballando no mesmo que estábamos traballando, ao non haber un cambio de goberno e ser a continuidade do que estabamos facendo, non é o mesmo que de haber cambio de goberno, cando hai novos proxectos e novas opcións.

Cales son os proxectos máis importantes que teñen programados para levar a cabo neste ano 2020?

trasmiras 3Basicamente os xa mencionados. Seguiremos traballando no que é o noso programa de goberno, desenvolvendo os plans parciais para que se poida desenvolver solo industrial. Trasmiras ten a particularidade de que ten cinco concentracións parcelarias que suman un total de 4.500 hectáreas de concentración parcelaria. Isto supón unha calificación de solo, na que só se poden dar licencias agropecuarias ou forestais, polo que non se pode instalar unha licencia industrial. É prioritario que si hai unha empresa que requira unha licenza industrial se poida montar e poida xerar postos de traballo aquí en Trasmiras. Tamén seguiremos co desenvolvemento do cemiterio municipal en Vilaseca, e como non, no que estamos traballando que é a residencia de anciás.

En que lle gustaría que cambiase o Concello ao final do seu mandato?

Estamos facendo todo o posible por cambialo. Tocounos vivir nos tempos que nos tocou, iso non  está na nosa man cambialo. O que me gustaría é reverter a perda de poboación e que vivir en Trasmiras fora máis agradable e máis atractivo. Para lograr iso necesitamos crear servizos como estou dicindo como a residencia de anciáns, para que estes poidan quedar no seu entorno e non teñan que marchar para outros sitios. Ademais, xerar postos de traballo, para que poidan vir a vivir xente nova. Sen postos de traballo está claro que non imos lograr ese obxectivo, por isto tamén queremos desenvolver solo empresarial. Hai moitas cousas que me gustaría facer, todos queremos mellorar, pero cando de atopas cuns decretos lei que te impiden contratar persoal por parte do Concello, cando poñen un teito de gasto que obriga a aforrar e non podes inverter no que queres facer, é moi difícil. trasmiras_1Que che toque gobernar o teu Concello, e entorno no que te criaches e no que vives, con estas normas é moi complicado. Aínda non hai moito, a política de gasto nos Concellos era moi distinta, en todos, non só neste. Aquí en Trasmiras dóeme máis pola situación económica que ten, que nos midan como aos Concellos que estaban endebedados... Creo que os veciños de Trasmiras están pagando un prezo que non deberían pagar.