sábado 31/10/20

Estamos acabando o peor ano económico do noso Concello

Aínda quedan estes tres meses que non van a ser fáciles de rematar, pero penso que o ano que ven a cousa vai a cambiar bastante

Ademais das contribucións que tivemos que subir, e  bastante, as condicións de devolución do préstamo a provedores foi unha lousa durante todo este ano. Foi unha “xogada” do anterior secretario, pero grazas a revisión dos promotores e edificios que estaban desfasados  conseguíronse  recadar mais de 500.000 €. este ano por primeira vez.Todo isto fíxonos e fainos que estemos aínda apertados.Realmente puideramos dicir que foron uns recortes agónicos.

Cara o ano que ven xa vamos ter 1 millón de euros mais da aportación do estado e loxicamente a situación cambiará un pouco.

Como vai o convenio?

Hai que dicir que a proposta do concello, posta porriba da mesa e a de reducir os descontos o persoal do 15 o 7,5%. De momento non houbo mais reunións por motivos alleos o concello. Penso que en breve se reanudarán.

En que situación do longo proceso está a parcela vendida no polígono?

A empresa xa presentou o aval definitivo.Esta mesma semana estivo reunido o representante da empresa cos técnicos do concello para revisar o proxecto de urbanización feito no seu dia por Xestur.

Tamén a empresa ofreceu un aval pola totalidade da compra en 10 días por mais de 750.000 €, polo que nese momento a finca estará pagada, e de aí para diante o proxecto terá vía libre.

Sábese de que vai a empresa?

Pois o parecer vai a ser unha empresa de transformación da pataca  e do cereal en amidón e lactosa. Isto beneficiaría en primeiro lugar a comarca, porque pretenden a compra dun 40-50% da produción da pataca. Algo que no futuro será unha garantía para o sector.No proxecto indícase a creación de uns 80 postos de traballo.

Como vai o gas?

Pois de momento moi ben, posto que precisamente o concello acaba de recibir unha oferta de Repsol dun desconto dun 30%, soo por isto xa mereceu a pena que viñera a outra empresa a instalarse. Dende agora os veciños de Xinzo xa poden decidir quen lle suministra a enerxía. Polo que respecta a canalización os enxeñeiros seguen dicindo que para fin de ano queren ter rematado e con suministro.

Que outras novidades podemos reseñar?

Pois a primeira e a finalización da rotonda, na que solo falta a pintura que hai que esperar a que non chova para poder proceder a pintura.

A obra do río, tamén vai a un  ritmo endiablado aínda que encontráronse con dificultade para as bases da pasarela. A semana que ven vira a pasarela nun transporte especial posto que ven nunha sola peza. A ponte que é mais importante tamén parece que vai a bastante bo ritmo.

Onte comezouse a obra da rúa Xavier Prado Lameiro e deixaremos a rúa do Peto para principios do ano que ven, porque antes temos que facer o saneamento novo para unir cunha mesma sección a de Marcelo Macías co barrio dabaixo e non abrir así dúas veces.

Tamén comezaremos agora coa avenida de Celanova.

Estamos presionando na Deputación para que a empresa adxudicataria da obra da carretera de Baronzás comece as obras, posto que está adxudicada dende o mes de xullo.

Comentarios