lunes 30/11/20

“Eu teño moitas esperanzas postas neste vixésimo ano da Festa do Esquecemento"

Creo que vai ser unha festa que se vai recordar durante moito tempo”.- Iván Rodríguez

Iván Prado. Pte. Civitas Limicorum
Iván Prado. Pte. Civitas Limicorum

Tras a elección de Iván Prado  como presidente da directiva de Civitas Limicorum, asociación que avoga pola cultura, historia galega e limiá, falamos con el para coñecer os detalles da organización da Festa do Esquecemento, que cumpre 20 anos de celebración na nosa terra.

Foron as primeiras eleccións democráticas nas que participaron todos os socios, cóntanos.

Iván Rodríguez: Este ano foron as primeiras eleccións que houbo na historia da nosa asociación, nunca nos pasara isto, nunca houbera varias candidaturas que quixeran eSQUECEMENTO 1coller a festa. Este ano cadrou que tiñamos que dar paso a unha nova lexislatura e presentámonos dous grupos: o meu grupo e o encabezado por Marcos Argibay.
As eleccións foron moi  rifadas porque tan só houbo unha diferenza de sete votos. Que significa iso?
Claramente significa que a nosa asociación está dividida en dúas partes igualitarias. Aínda que moita xente non veu votar, o 40% dos socios non viñeron. Si é verdade que se ve unha clara división entre os asociados da Civitas. Non me parece que sexa bo, hai que telo en conta e teremos traballar sobre este aspecto e facer que todo o mundo estea contento para superar esta división.
Porque esta división ven dada pola organización non da asociación en si, senón pola forma de organizar a Festa do Esquecemento, non?

Creo que o problema vai basicamente sobre a diferenza de criterio e da maneira de xestionar e organizar esta festa. Creo que ten que ver moito con como desenrolamos ao longo do ano a festa e como algúns dos socios teñen a súa maneira particular de ver a festa.

En que vai a cambiar a partir de agora coa nova Directiva por tres anos? Porque na Asemblea Xeral celebrada falouse de que había que dar un cambio á festa, xa que concretamente ti dicías que se está perdendo moito o espírito de recreación histórica.

Si, estase a perder moito este espírito. Unha das primeiras medidas que queremos levar nós adiante é facer que a festa se converta de interese turístico autonómico e non municipal como ata agora. Tamén queremos intentar sacar co Concello un convenio de colaboración onde os tres anos que esteamos, poidamos ter unha relación máis intrínseca, para levar a festa e a Civitas Limicorum  ao sitio onde debería estar.

Iso a nivel institucional. A nivel práctico, como vai cambiar a festa?

Temos que facer que todas as socias e socios que temos, un 70% xente nova, entenda que esta é unha festa que intenta recrear un momento histórico, máis ou menos real, pero que ten unhas connotacións e unhas bases moi marcadas na historia romana e castrexa. Nós temos o deber de facer caso a eses fundamentos e levalos adiante da mellor maneira posible. Creemos que se perdeu moito desa esencia. Temos que traballar para que non se converta nunha festa sen contido nin sentido. Non é unha festa soamente onde imos beber e comer, senón que é unha festa con fundamento grande e temos que defender realmente.

Poderías dicirnos algúns dos cambios que consideras que hai que dar?

De primeiras creo necesario ser excesivamente intransixentes co tema da vestimenta, cos símbolos que podemos empregar na festa. Unha bandeira, por exemplo, cerciorarnos de que é do momento histórico adecuado. Ser pragmáticos, pero sempre defendendo a historia da nosa recreación. Creo que é un dos puntos clave para que isto funcione. Non moitas festas históricas o conseguen, case ningunha o fai, pero é unha das cousas que fai que unha festa como a nosa teña esa parte diferente ou especial. Está nas nosas mans facer que iso sexa posible.

A Festa do Esquecemento logrou que ata o concello diga que é a segunda festa en importancia despois do Entroido. Isto non  é un Entroido de verán?

                               Non o considero. Ten moita base histórica, o que non o converte nun Entroido de verán, aínda que é posible que poida dar esas connotacións. Por iso temos que loitar e defender esa parte diferencial que ten a nosa festa, e estamos no momento de facelo. Temos moitos socios, xa que somos 428, estamos nunha etapa económica a nivel asociativo boa, temos moito apoio institucional e moita visibilidade, polo que creo que estamos no momento no que pode converterse nunha festa de recreación histórica como debería ser e será, seguramente.
Que lle vai a ofertar aos compoñentes da outra candidatura e aos outros socios a niveis de participación?
A nivel de participación vámoslle dar a mesma que os anos anteriores, só que este ano imos empeñarnos  en que iso sexa real. O ano pasado intentouse levar a cabo unha especie de asemblea. Unha das maneiras nas que queremos comezar a traballar este ano é  montando un Senado romano e un concilio castrexo onde todos os representantes de cada caseta teña a oportunidade de expresarse, debater e propor iniciativas que despois a directiva tratará de levar a cabo, para que todo o mundo teña o lugar e as maneiras de participar, organizar e facerse notar na xestión do propio evento.

Se todos temos a intención de que a festa vaia adiante, seríamos capaces de facelo. Agora espero que os socios respondan da mellor maneira. Non é necesario criticar o ano pasado. As críticas e as boas ideas hai que dicilas antes de que a festa veña e esta sería unha forma interesante, democrática e participativa para os nosos socios e socias.
O ano que ven vai ser a mellor festa do esquecemento. Eu teño moitas esperanzas postas neste vixésimo ano e creo que vai ser unha festa que se vai recordar durante moito tempo.