miércoles 12/8/20

"Flores Falsas" de Habitación Vudú colleita éxitos polos escenarios de toda Galicia

"Flores Falsas" de Habitación Vudú colleita éxitos polos escenarios de toda Galicia

    Justo Freiría á batería, Rubén Seoane ó baixo, David Fernández encargado dos sintetizadores e programacións, Jose Freiría pon a voz e a guitarra e Jacobo Rubín a guitarra e os coros. Eles son Habitación Vudú e levan 5 anos de vida e dende que publicaron o seu traballo "Flores Falsas" non paran de facer concertos por toda Galicia. "O noso disco está sendo moi ben recibido polo público e estamos moi contentos dos resultados conseguidos ata o momento. Está sendo unha carta de presentación ideal para poder tocar en sitios onde sin un disco que poder mostrar sería máis dificil" sinalan dende a formación.

Durante este verán actuaron en festivais tan destacados como o Cultura Quente de Caldas de Reis onde compartiron carteis con grupos destacados do panorama musical, a nivel nacional e internacional. Fóra de Galicia tamén comezan a soar, estiveron en Montealegre abrindo o concerto da banda lusa The Gift e tamén pisaron o escenario da sala Tararí de Ponferrada.  "A xira de concertos está sendo moi gratificante xa que conseguimos tocar en sitios que nos deron moita repercusión", apuntan.

A súa xira tamén pasou por Xinzo con motivo do Limia a Escena. Unha actuación especial por estar rodeados dos seus aínda que si botaron en falla máis compromiso da xente neste tipo de iniciativas. 

Tanto traballo e gañas de seguir adiante é o que os leva a pensar xa nun segundo traballo que podería ver a luz no 2017. "Porémonos a traballar na selección de temas que xa están sonando en directo neste momento e na composición de novas cancións para ter material suficiente antes de empezar unha selección que nos agrade, e poidan ser grabados", comentan dende a banda. 

O próximo concerto terá lugar o 30 de setembro na Arca da Noe en Vilar de Santos. 

"A nosa intención é seguir tocando todo o que podamos, pois o escenario é o lugar no que máis cómodos nos sentimos. Para poder seguir a nosa axenda de concertos invitamos a todos a que nos sigan nas nosas redes sociais facebook e twitter, e tamén na web de escena sonora".

 

 

 

 

Comentarios