lunes 30.03.2020

“Gustaríame que as aldeas recuperasen un pouco da vida que tiñan anos atrás”- Ramón Alonso

Falamos co alcalde de Entrimo, Ramón Alonso, quen a pesar de contar con pouca capacidade orzamentaria, busca a promoción turística do Concello así como o coidado do patrimonio monumental e histórico de Entrimo
Ramón Alonso-Entrimo
Ramón Alonso-Entrimo

Que proxectos levan realizados nestes primeiros seis meses de mandato?

Ramón Alonso: Este é un Concello pequeno con moi pouca capacidade orzamentaria, pero estamos facendo obras no campo de promoción turística, nos miradoiros que quedaron rehabilitados... No tema de abastecemento estamos executando un depósito novo e as pistas comunicando os pobos de Ferreiros dúas que van por distintas zonas do pobo tamén se están facendo estes días. Así de obra civil é co que estamos, proxectando o que vai entrar no presuposto deste ano 2020.

alcalde entrimo 1

Cales son os proxectos máis importantes que teñen programados para levar a cabo neste 2020?
Os nosos proxectos para este ano son pequenas actuacións en espazos públicos, tanto en parques como en zonas de recreo. Hai que ter en conta que somos un Concello que xoga moito no campo do turismo con todo o que é patrimonio monumental e histórico, a recuperación de lavadoiros públicos por exemplo se van a facer catro. Temos pensado tamén unha axenda que recupere o río Covas, que é unha zona de baño tradicional na Terra Chá, na que temos zonas de aparcamento, paseo pola beira do río e aceso ás zonas de baño con toda a sinalización que corresponda. E aí estamos loitando co Plan Forestal tratando de sacar adiante algún tipo de iniciativa ligada a protección do monte, que non está aínda esbozada e niso estamos.
En que lle gustaría que cambiase o Concello ao final do seu mandato?
Gustaríame que cambiase cunha dinámica demográfica distinta, que o abandono da xente nos pobos non fose tan pronunciado, que vísemos que a xente nova volve ter algunha oportunidade para quedarse e que as aldeas recuperasen un pouco da vida que tiñan anos atrás.