martes 29/9/20
QUE CONTAN OS ALCALDES DA LIMIA (i)

“Gustaríame asentar poboación e dinamizar o Concello”- Susana Vázquez

Entrevistamos á alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez

Entrevistamos á alcaldesa de Porqueira, Susana Vázquez, que se atopa na súa terceira lexislatura por maioría absoluta. Vázquez asegura cumprir o 90% do programa Susana 1electoral co que se presentou por primeira vez, así como ter en mente unha serie de proxectos moi importantes para o Concello.
Que proxectos levan realizados nestes primeiros 6 meses de mandato?
Susana Vázquez:
Xa acabamos dúas vivendas sociais, que saen agora mesmo para que ocupen familias de aquí de Porqueira. Deben estar xa publicadas as bases para que opten a elas dúas familias de aquí. Estamos cun Obradoiro de emprego en marcha neste momento, fixemos as pistas polideportivas nas piscinas, co que agora temos unhas pistas de fútbol sete con herba artificial, baloncesto… e fixemos arranxos de camiños en varias parroquias. Ademais, estamos a terminar o cambio de alumeado para led, que é unha obra importantísima tanto para os pobos como para os veciños, sobre todo, xa que mellora a súa calidade de vida. Isto é unha obra moi importante porque ademais do aforro que vai producir, é unha mellora importantísima na iluminación de todos os pobos, que a tiñamos deficiente nalgúns deles e agora a calidade vai mellorar moitísimo máis.
Cales son os proxectos máis importantes que teñen programado levar a cabo este 2020? Hai algún de carácter plurianual?

Estivo aquí a Conselleira de Política Social e xa temos o compromiso da ampliación da residencia da terceira idade, que se vai a ampliar noutras 22 prazas máis, e posiblemente sexa bianual ese proxecto, aínda que aínda estamos cos últimos flocos. Actualmente temos unha residencia con 25 prazas, e durante o primeiro mes sempre está con ocupación 100% e unha lista de espera do dobre das prazas que temos, polo que é un proxecto importantísimo para o Concello e mesmo me atrevería a dicir que para parte da comarca.

susana 3

Susana Vazquez coa delegada da Xunta a limiá Marisol Díaz

A maiores, seguimos co tema das vivendas sociais, que me parece un proxecto moi interesante porque xente nova que se tiña que ir a outros Concellos como Xinzo polo tema de que aquí non había vivenda, estáselle facilitando desde aquí que poida optar a este tipo de vivendas sociais. Desde o Concello estivemos arranxando estas casas e a un custo mínimo de aluguer están a quedar moi bonitas, moi ben acondicionadas e ofértanselle a familias que queden a vivir aquí no Concello. Seguimos con ese proxecto en marcha e xa están solicitadas máis.

Temos en marcha tamén o arranxo dalgún parque que, polas inclemencias meteorolóxicas ou o paso do tempo, xa se estragaran e vanse a volver acondicionar. Isto en canto a obras que xa teña aprobadas, ás que sumamos o asfaltado de varios camiños que comunican pobos.

Agora empezan a saír as convocatorias de subvencións, polo que empezaremos a solicitar máis, así como máis obras e servizos.

En que lle gustaría que cambiase o Concello ao final do seu mandato?

susana2Este mandato si que me gustaría dinamizalo máis, xa non dedicalo tanto ás infraestruturas. Aí si que teño algún proxecto, pero aínda non podo dicilo. Desde logo o que si me queda neste mandato e gustaríame despois destes mandatos que levo onde vexo que cumprín case o 90% do programa electoral co que me presentei a primeira vez, pois me gustaría asentar poboación e dinamizar o Concello. Entón para iso agora hai un par de proxectos importantes que si que me gustaría que saísen para que o Concello se dinamizase e poder asentar poboación, un por ese tema das vivendas que xa comentei, e outro cunha dinamización máis económica.