miércoles 12/8/20

Habitación Vudú lanza o seu primeiro disco Flores Falsas

O álbum xa está á venda por tan só 10 euros

Habitación Vudú lanza o seu primeiro disco Flores Falsas

    Justo Freiria á batería, Rubén Seoane ó baixo, David Fernández teclados e sintetizadores, Jacobo Rubín guitarras e coros e Jose Freiria voz e guitarra. Eles son Habitación Vudú e eles acaban de recibir a maior recompensa a todo o esforzo e traballo invertidos, acaban de ver nacer o seu disco Flores Falsas." Sentes que tes sobre todo un agasallo para toda a xente que confiou en ti dende o principio, e unha maneira física de mostrar o que fas", sinala Jose Freiria. 

O seu traballo musical foi gravado en Estereoarte Estudios de Vigo entre maio e xullo de 2015. Contaron con Luis Antelo na produción e con Pablo Novoa nos arranxos. Para financiar a súa gravación, fabricación e publicación puxeron en marcha unha campaña de crowdfunding que superou os 120 mecenas que aportaron algo ó proxecto. Unha experiencia que para Habitación Vudú foi  moi positiva "fíxonos darnos conta de que tiñamos xente detrás para apoiar algo que queriamos facer. Isto é moi gratificante saber que fas música para alguén e que non estás só".

Falar de Habitación Vudú é falar de música, dun proxecto que emerxe dende Escornabois cos irmáns Freiria e que se estendeu pola Limia con Rubén e David e que agoran contan cunha incorporación recente, Jacobo Rubín. Os cinco fixeron de Flores Falsas un disco composto de música directa que dende os primeiros acordes engancha co seu ritmo e coas súas letras que retratan a vida cotiá. O disco pode mercarse fisicamente na tenda 3BBB de Xinzo de Limia ou en Peggy Records en Ourense a 10€ .

A través de internet pode conseguirse no enderezo    https://habitacinvud.bandcamp.com/releases a 8€ máis gastos da plataforma ou ben pedíndoo directamente a través de [email protected]

Agora mesmo están preparando os concertos da tempada de inverno e comezarán o 13 de novembro na Sala Berlín en Ourense. Así empezarán coa promoción do seu traballo e sobre todo tocarán moita música por todos lados para que haxa Habitación Vudú para moito tempo. 

Comentarios