jueves 09.04.2020

A implicación no rural para que non desapareza é o obxectivo primordial de Os Blancos

A materia pendente no alcalde, entre outras, é crear unha residencia para persoas da terceira idade

Os Blancos é un concello limiá moi complexo pola gran débeda que acarrea. O Valente que se atreveu a facer fronte a este problema chámase José Manuel Castro  e é o actual alcalde deste municipio. Cando el comezou a súa labor de alcalde, o concello estaba na quebra. Agora, non está saneado por completo pero logrouse un cambio.

Os obxectivos son moitos aínda que leve moito tempo a causa da precaria situación económica. Un deles é abrir unha fabrica de pedra antes do verán para crear postos de traballo e asentar poboación. Tamén está no programa dispor de transporte público no Concello para facilitar aos habitantes o desprazamentos cara os grandes núcleos.

Pero, sen dubida, os puntos claves desta lexislatura foron potenciar o servizo social, posto que actualmente contase cun servizo de atención personalizada, e o recoñecemento da muller no rural.

José M.: “ Estamos implicados no rural porque non queremos que desaparezca”. A pesar de sufrir a caída demográfica, no último ano Os Blancos gañou 20 habitantes máis. O máis complexo de lograr foi que non se xulgasen os veciños pola mala xestión do Concello. Unha situación difícil que se conseguiu resolver sen causar molestias.

A materia pendente de Castro  é crear unha residencia da terceira idade. Para el é un proxecto moi importante ao par que necesario posto que ademais de conservar a poboación tamén facilita a vida do máis maiores, do gran porcentaxe da poboación do rural. Pero a gran carencia do concello relantiza todos os obxectivos.

Por sorte non todo son carencias é desgrazas. Este pequeno concello conta con moitos puntos a favor. Entre outros, o paseo municipal inaugurado fai uns meses de Blancos a Calvos de Randín. Tamén cabe destacar a zona arqueolóxica.

Cara as próximas eleccións, José Manuel Castro  pensa ser reelixido e poder cumprir as súas promesas. Aínda que si tivera que cambiar algo seria volver 20 anos para atrás e empezar de novo, “seriamos un referente”.

Comentarios