jueves 28/1/21
"Queremos por en valor e funcionamento aquelo que xa temos, e que non funcionou case nunca"

Isto non remata este ano, se non que é a nosa intención continualo nos próximos anos (Rafa Penabad)

Todo isto pretendíamos que se puxera en marcha no mesmo día, para que non nos digan que estamos sempre na prensa e preocupados das fotos
Rafa Penabad
Rafa Penabad

Non é fácil que o concelleiro de Servicios Públicos Estruturais , Deporte e Infraestruturas , Rafa Penabad se poña diante da prensa . Como todos saben, non é un home adicto aos medios de comunicación, poderíamos aseverar que todo o contrario. Afástase todo o que pode. Nesta ocasión creemos que era unha ocasión importante para que transmita a cidadanía as novidades que teñen preparadas para estas datas e descubrir dunha vez o das pinturas que foron aparecendo polas rúas e que todo o mundo se preguntaba de que ía iso. Así mesmo quere agradecer o paio dos membros do goberno e sobre todo ao concelleiro de Urbanismo pola colaboración da súa brigada para sacar adiante os proxectos en tempo.

Cales son estes proxectos?

IMG_20201202_192112Neste momento hai dous proxectos en marcha, o primeiro e unha decoración, esperemos que definitiva de varios lugares da vila. A primeira das actuacións foron as pinturas nas caixas dos semáforos con motivos que se corresponderan co lugar en que se atopan.
A segunda actuación paralela é en varios sitios da vila con murais tamén pintados coa técnica de graffiti, algún deles tapando recolledores de lixo e por último e non menos importante a rehabilitación das fontes do pobo. E por rehabilitación entendese, nalgunha delas a posta en funcionamento. Non queremos de momento facer cousas novas, primeiro pola época que estamos a pasar e por suposto por motivos presupuestarios, entón entendemos que polo menos o que temos que facer e poñer “en valor e funcionamento” aquilo que xa temos e que practicamente nunca funcionou, como por exemplo a fonte da praza de Carlos Casares, que pensamos, unha vez que descubramos como se pode facer, o poñerlle luces. Tamén queremos iluminar e por en funcionamento a da praza dos ovos e a do grupo S.Sebastián. Queremos conservar o que temos e si podemos melloralo.
Queremos que a xente, cando pasee, vexa algo bonito e non so cemento.

Isto non remata este ano, se non que é a nosa intención continualo nos próximos anos.

Fonte de flores na praza S.Roque

Outro dos proxectos pendentes é a intervención na que era a fonte de S.Roque, que pretendemos que agora que xa non é fonte de auga, pase a ser unha fonte de flores. Estamos a espera da entrega dos últimos elementos, ademais do deseño da parte superior para que se vexan caendo as flores, no que antes caía a auga..

Esta era a primeira parte do embelecemento das rúas, que queríamos que coincidira coa iluminación de Nadal e os outros elementos novos que este ano se vanse  a por polas rúas , prazas e recunchos da vila que esperamos sexan do agrado, non solo dos cativos e cativas se non tamén dos maiores.

Todo isto pretendíamos que se puxera en marcha no mesmo día, para que non nos digan que estamos sempre na prensa e preocupados das fotos, pero non vai poder ser así por diversos problemas, entre eles o climatolóxico. Aínda que o 90% está todo preparado.

O proxecto de  pintura das caixas dos semáforos non ten nada que ver cos adornos de nadal.

DECORACIÓN ESPECIFICA DE NADAL

6 casas grandes, 50 pequenas  trineos, monecos de neve etc

A nosa vila vaise encher de casas de nadal, tamaño grande, para que os miúdos e os menos, poidan entrar dentro. Estarán cada unha acompañadas doutro grupo de casas mais pequenas así como outras pezas ornamentais con motivos navideños, como son trineos, monecos de neve e algunha cousa máis que de momento se deixa, para que se descubra no momento.IMG_20201202_200502

Desta maneira pretendemos segundo nos transmite, un pouco apesadumbrado o concelleiro , que non escoitemos a comparación sempre con outros concellos limítrofes chegadas estas datas.

CURSO DE PINTURA CON GRAFITI.

Estas cousas xurdiron dentro dun taller que fixemos para mozos e mozas de Xinzo, para aprender a técnica, pero que por motivos de protocolo tivemos que levalo ao pavillón de deportes, tendo que impartilo dunha maneira, non moi ortodoxa, pero que rematou coa confección por parte do alumnado dun mural a carón do propio pavillón e tomando forma esta idea de decoración de Nadal, que esperemos que a todos lles guste e por suposto a coiden, porque así ano tras ano irá medrando.

Como xa saben os nosos lectores aínda non se sabe cando porán esta decoración debido as predicións meteorolóxicas.