martes 15/6/21
Museo Galego do Entroido

Iván Prado: "estou seguro de que o concello non vai deixar pechado o museo nunca máis"

No Dende A Limia falamos co novo "coordinador" do Museo Galego do Entroido.

158

O Museo Galego do Entroido permanecerá, ata finalizar este ano, aberto de maneira regular en virtude dun convenio de colaboración entre a Deputación de Ourense e o Concello de Xinzo de Limia. Así, desde o pasado mes de outubro e ata o 31 de decembro, todos os que así o desexen poderán visitar o recinto de mércores a sábado entre as 10 e as 13 horas, e de 16:30 a 18:30. Os domingos, soamente se poderá visitar en horario de mañá. 

Desde a súa inauguración, o pasado ano, o Museo do Entroido pasou por períodos de inactividade ou de aperturas parciais, sempre cubertas con persoal municipal que non tiña asignada a súa praza nel. Finalmente, e tras máis de 12 meses, chegou un acordo co ente provincial  do que o propio concelleiro Carlos Gómez confía en que "poida ampliarse a longo prazo”.

Ata o próximo 31 de decembro -polo menos-, dous son os efectivos cos que contará o recinto: un técnico superior e un encargado do seu mantemento. Dende A Limia falou co primeiro, o técnico Iván Prado.

159

“O convenio asínase co propio concello e este ten a potestade de buscar unha empresa de xestión cultural”, afirmou Prado. Carlos Gómez, que é o representante a nivel institucional do museo do Entroido buscou empresas, fixo un concurso entre elas e seleccionou a máis óptima. “Elexiu unha empresa que é PXC de Pontevedra e que leva case 25 anos traballando en xestión cultural” conta o novo técnico. Preguntado sobre se o podemos considerar o novo director con complexo museográfico, responde que “eu prefiro o nome de coordinador do Museo Galego do Entroido”

“Eu levo a coordinación de todo o que se fai e se vai facer no complexo museográfico. Na última estratéxica que deseñamos marcamos uns puntos básicos nos que queremos traballar de cara ao futuro. E entre eses obxectivos está enmarcar o museo como referencia no ámbito antropolóxico e museográfico a nivel autonómico”

“Outro dos puntos estratéxicos é a catalogación das pezas, pois agora mesmo só dispomos dun inventario moi escueto e queremos unha catalogación que permita iniciarse no estudo das propias pezas”. 

Tras ser cuestionado polas poucas visitas que ten o museo, deféndeo argüíndo que “este museo nunca vai ter visitas de forma masiva. Estamos en Xinzo, no rural. E terá afluencia importante en momentos puntuais ou con visitas de colectivos –recentemente viñeron colexios e a Cruz Vermella–. Pero o museo non está en Ourense nin en Madrid. Non podemos esperar, xa que logo, unha afluencia masiva”, insiste.

161“Estamos intentando incluílo tamén na Rede de Museos de Galicia, para o que estamos preparando un dossier bastante extenso. Isto facilitaranos a consecución de subvecións a nivel galego e poderemos facer máis cousas”. 

“Queremos que a experiencia do visitante se convirta nunha visita máis dinámica e menos estática”. 

“Tamén levamos tempo intentando mellorar na parte dos sons do Entroido, cun interactivo onde se poidan escoitar os sons máis emblemáticos. Isto sería unha especia de biblioteca sonora con pantallas táctiles, das que xa dispomos”.

Tamén se atopan en proceso de elaboración dun mapa interactivo “moi parecido ao que hai na entrada” no que o visitante poida seleccionar a comarca que queira e ter acceso a fotos, sons e vídeos dos entroidos máis emblemáticos. 

E con respecto ás redes sociais e á promoción online? “Tamén lle estamos dando un pulo ás redes sociais e estamos rematando a páxina web que estrearemos antes do día de Nadal. Temos agora activos Facebook e Instagram”.

“O museo non participará de maneira directa da comisión organizativa do Entroido, pero si participaremos como institución porque isto é de todos. Falamos dunha colaboración, porque aínda que o Entroido de Xinzo sexa o de aquí, este museo é do entroido galego”160

Cuestionado sobre cal vai ser a participación do concello a nivel económico, Iván Prado afirma que están “en conversas co consistorio para que nos reserven unha partida orzamentaria para as actividades”. Completa comentando que aínda que “non existe todavía un orzamento asignado, eles están totalmente volcados”. Conclúe dicindo que está “segurísimo de que desta o vez o concello se vai volcar de verdade co museo e non o vai volver deixar pechado nunca máis”. Agardemos que así sexa.

Comentarios