Juan M. Andrade: Ese señor solo dixo unha verdade

Juan M. Andrade
Juan M. Andrade: Ese señor solo dixo unha verdade

Efectivamente, eu xa anunciei fai un ano que non quería ser candidato a alcalde de Blancos. Todo o demais non e verdade

Eu levo no partido popular 12 anos e como Pte. 8. Collino totalmente desmembrado, e fai 4 anos acadamos 400 votos.

Con respecto a este tema , eu tiven dúas reunións co Pte.na sede do PP, pero nunca estivo \“ese señor\”. Polo tanto soto e verdade que eu non me ía a presentar.

Despois disto eu non vou a facer ningunha declaración máis sobre este tema, quero que isto se acabe, porque eu quero mirar para adiante. Non quero entrar en ningunha guerra. Eu non quero dar máis protagonismo esta cuestión.

Quixera apuntar,iso si coa axuda de todos os militantes , a labor que se fixo para o partido popular nos Blancos durante estes 8 anos.

Non vou a criticar ningunha das outras cousas que declarou ese señor e que non son certas tampouco.

Por último aclarar que non pode ser Presidente do comité local do PP,como di el, posto que eu non vou a dimitir ata mañá ou pasado. Que eu saiba un deixa de ser algo, cando o botan ou se vai, e de momento non pasou ningunha delas.