martes 15/6/21

SANDIÁS TERÁ NOVO ALCALDE

Felipe Traveso, se nada se torce será o próximo alcalde de Sandiás por AGRELSAN

A primeira foi a vencida. AGRELSAN (Agrupación de Electores de Sandiás) era  a primeira vez que se presentaban a unhas eleccións neste concello.

O resultado non deixo dubida ningunha 4/3/2. O partido Popular que levaba gobernando o concello mais de 30 anos quedouse a dous concelleiros da maioría absoluta, e a un da forza mais votada AGRELSAN.

O seu cabeza de lista Felipe Traveso, en tan solo 4 meses pasou de ser unha persoa anónima, veciño de Sandiás, onde sigue botando as leiras, aínda que pola semana viva en Ourense.Alcalde Sandias

A historia comeza o 15 de febreiro cando arroupado por unha ducia de amigos “se atreven” a convocar unha asemblea veciñal, para ver que pasaba cos seus veciños no eido político.

Aquela asemblea foi un éxito, e tras dela, viña a máis difícil, facela  no pobo de Sandiás.

Aquí a cousa xa resultou mais difícil, posto que os impedimentos da ata este momento alcaldesa, foron moitos. Tal foi así que a tiveron que leva a un coñecido restaurante da zona. Xa era a terceira, e nese momento e ante máis de 90 persoas, confeccionaron a lista  e recolleron as firmas para darlle forma a Agrupación de veciños, coa que ían presentarse as eleccións.

DENUNCIA A ALCALDESA.

Despois dese día conta Felipe que se presentou a alcaldesa para lle comunicar as intencións de presentarse as eleccións   e a mesma vez advertirlle que non ían permitir que as traballadoras de axuda a domicilio fixeran campaña electoral.

Durou pouco esta situación, posto que ós poucos días tiveron que presentar unha denuncia, que nestes momentos está a levar o xulgado de Xinzo, por coacción no voto.

Todo trascorriu con toda normalidade ata o día das eleccións que tiveron que facer unha labor de espionaxe e contraespionaxe para que non se levara a cabo ningún “carrexo”,. Esta labor resultou   moi positiva e os resultados foron os que xa dixemos.

UN CONCELLEIRO PARA MAIORÍA

A Agrupación fáltalle un concelleiro para a maioría absoluta, pero eles din que  POR GOBERNAR NON VAMOS A CAMBIAR OS NOSOS PRINCIPIOS”

O que queremos e dixemos durante toda a campaña que o que pretendemos e ter un Concello aberto ós veciños, onde estes non veñan a pedir favores, se non esixir dereitos.

Os principios básicos son ós de DINAMIZAR O CONCELLO, FIXAR POBOACIÓN ,  a posibilidade dun centro de día, e non malgastar os cartos en obras faraónicas e inútiles.

A lista de concelleiros completase con Tito Traveso, Mª José Manso e Fernando M. Vázquez.

Non pretenden rébanchas ningunhas, posto que entenden que nos anos de mandato da alcaldesa non solo tivo sombras  se non que tamén , algunhas luces, pero xa era o momento de que o pobo se puxera a andar.

Comentarios