domingo 1/11/20
Continuamos coas entrevistas aos mandatarios da Limia

“Teríamos que pedir que os nosos produtos tiveran un selo de calidade”- Elvira Lama

A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, fala sobre o “lamentable” estado no que se atopaba o Concello á súa chegada e sobre os distintos proxectos que desenvolverá o seu goberno neste 2020.

elvira 1

Como se atopou o Concello cando entrou?

Elvira Lama: Atopeime un Concello nun estado bastante lamentable a nivel organizativo pero tamén a nivel de medios económicos, porque ao final con estes últimos medios son cos que traballamos. É dicir, de nada vale ter moitos recursos de persoal se logo queres facer cousas e non hai partidas económicas. Nos atopamos no mes de xuño cuns presupostos prologados do ano 2018 para o 2019, polo que moitas partidas estaban esgotadas. De feito, moitas partidas estaban xa comprometidas, outras esgotadas e as infraestruturas do Concello de Xinzo están a vista de todo o mundo como están, comezando polas rúas, beirarrúas e os propios edificios municipais, xa sexan culturais, deportivos ou incluso o propio edificio do Concello de Xinzo. Xa por non citar como están numerosas pistas de aceso a núcleos do rural que estaban practicamente cheos de maleza, lama... De non pasar unha desbrozadora en 30 anos.

Cales son os proxectos máis importantes que teñen programados para levar a cabo neste 2020?

elvira lama 2Un dos proxectos máis importantes é levar en breves días os presupostos ao plenario ordinario para aprobalos. Unha vez aprobados, temos que acometer numerosas obras e reformas estruturais tanto en infraestruturas como edificios. Como dato importante, temos unha brigada de operarios municipais nunhas instalacións que están tan desastrosas que chove case tanto como na rúa, non teñen servizos públicos nin unha pileta para lavar as mans, e é xente que está traballando na rúa todos os días. Temos por diante acometer obras de acondicionamento de pistas ou o que será a futura circunvalación de Xinzo, que se fará realidade este ano. Ademais, temos por diante a ampliación do parque empresarial. Ao mesmo tempo este equipo de goberno está traballando dende o minuto un, falando con empresas e grupos empresariais para a instalación nese futuro parque empresarial. Non nos cabe dúbida de que a creación de emprego é  a base fundamental para que medre a demografía, para que se asente poboación e Xinzo teña un futuro a corto e medio prazo.

En que lle gustaría que cambiase o Concello ao final do seu mandato?

Gustaríame que Xinzo fora un lugar cómodo para vivir, agradable, accesible e sobre todo saudable. Que tivera unha economía baseada no sector primario pero tamén transformando os produtos deste sector en Xinzo de Limia. Nada mellor que ser unha comarca inminentemente agrícola e gandeira, pero que cree postos de traballo tamén transformando os produtos. Recordar tamén que estamos nunha zona ZEPA  e que ante as administracións autonómicas e incluso estatais,                               teríamos que pedir con todos os sectores implicados que os nosos produtos tiveran por estar nunha zona de especial protección un selo de calidade que incrementara os prezos dos produtos desta zona.

Gustaríame tamén por en valor o riquísimo patrimonio cultural e arquitectónico que temos na zona. Gustaríame que houbera unha ruta turística que lle dera un empuxe económico a esta gran comarca, conxuntamente co que é a Limia, cos concellos limítrofes. Sobre todo, tamén me gustaría que o medio ambiente fora o obxectivo común de todos e de todas as que vivimos aquí, porque en definitiva hai que respectalo e coidalo porque é o noso medio de vida.