martes 15/6/21

O turismo de Muíños vese freado por unha alarma innecesaria

Plácido Álvarez opina sobre o militante do PP que encabeza a lista do PSOE

Plácido Álvarez vai cumprir 20 anos como alcalde de Muíños, en xuño. Esta é a súa cuarta lexislatura, polo que di que se sinte moi satisfeito do grupo que ten.  Sen embargo, Plácido confésanos que: “vivín épocas de expansión económica pero, agora é época de vacas flacas”.

Muíños está situado nunha zona de complicado acceso montañoso de 38 núcleos de poboación. Aínda así, intentouse mellorar os accesos e as infraestruturas para que a poboación mais nova non se fora. Todos estes núcleos de poboación están dotados de servizos básicos, logro que conseguiu o alcalde nesta lexislatura.

Por outro lado, Plácido apostou polo turismo rural coa construción de dous albergues (mais de 150 prazas), un cámping (300 prazas), unha casa rural (a antiga reitoral restaurada) e seis apartamentos turísticos.  As relación transfronterizas cos veciños portugueses tamén son importantes porque “solos non pintamos nada”.

As materias pendentes do concello son o acceso de Muíños a nacional de Bande e a creación dunha aldea termal. Este municipio ten moitos puntos a favor pouco aproveitados: a porta do parque natural e encoros marabillosos. No verán, a ocupación chega as 400 persoas. Entre os deportes que se poden practicar están o piragüismo e a bela.

Sen embargo, determinados grupos políticos fastidiaron e complicaron o turismo “creando unha alarma”, comentábanos Plácido. As analíticas do embalse resultaron favorables, a calidade das augas é correcta. De todas formas, en xuño inaugurase a piscina municipal “por seacaso”.

En canto as carencias, a Muíños fáltalle un novo centro de salud, mellorar a comunicación entre as aldeas e construír un pequeno polígono industrial (pequenas e medianas empresas). Plácido: “o único que cambiaría desta lexislatura é o sufrimento que vin en moitas familias por culpa da falta de emprego”.

Para rematar, tocou falar un pouco dos adversarios políticos. Os nove concelleiros son do PP. No obstante, un militante do PP encabeza as listas do PSOE, unha situación que incomoda a Plácido posto que non entende como se pode presentar por un partido que non é o seu.

Comentarios