martes 21.01.2020
Gastronomía

Unha empresa da Baixa Limia saca ao mercado un queixo de ortigas

O primeiro lote acaba de ter un gran éxito na Feira do Queixo de Fornos de Algodres.

Imaxe do queixo de ortigas.
Imaxe do queixo de ortigas.

A asociación cultural As ortigas, en convenio coa empresa Queixos da montaña de Entrimo, no merco do Mercado Xurés en Bande, están a desenvolver un proxecto que consiste na elaboración e venda de queixo con ortigas

Así, o primeiro lote acaba de ter un gran éxito na Feira do Queixo de Fornos de Algodres, ocupando espazo con  outros queixos condimentados con ortigas ou pemento. Tanto frescos como curados e de pasta dura ou branda, todos eles son artesanais e da zona.

Así as cousas, o queixo de ortigas terá dúas versións. Unha será máis tenra –que xa se pode catar– e a segunda deberá esperar a sufrir un proceso de maduración que lle achegará unha serie de características e notas peculiares.

Non é a primeira vez que se aproveitan as ortigas polas súas propiedades nutricionais achegándolle un alimento. Neste caso, a ortiga tamén actúa como conservante evitando o desenvolvemento de mohos desagradables e malos que estragan a peza. No museo da ortiga contan cunha peza de cinco anos, con moita madurez e pasta moi dura, que de seguro é un excepcional condimento de pratos de pasta e gratinados.

Comentarios